O val do Librosaurio
A Biblioteca do CEIP SAN COSME
xoves, 29 de setembro de 2022
Casas con B.S.O.
martes, 5 de abril de 2022
ESCRITO POR JESÚS RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ
5ª DE PRIMARIA
Conmemoramos o día de Rosalía porque ela foi unha muller moi importante para a lingua Galega. A súa obra mestura o costumismo e intimismo coa reivindicación da nosa identidade.
Nese día limos a súa biografía e fixemos uns exercicios na pizarra dixital, a través das que aprendiamos como coñoceu a Manuel Murgía e a Manuel Curros Enríquez ou o título das súas principais obras.
Tamén pegamos uns versos no mural que tiñamos feito antes do confinamento polo Covid - 19. Para iso empregamos as plantillas da súa flor favorita, o pensamento. Ao final pintámola.
Rosalía foi unha muller excelente que axudou a desenvolver a nosa Linguua.
martes, 28 de setembro de 2021
NOVIDADES SEMANAIS
venres, 22 de xaneiro de 2021
mércores, 25 de novembro de 2020
VIOLENCIA DE XÉNERO
Como todos os 25 de novembro no CEIP SAN COSME conmemoramos o día internacional da eliminación da violencia contra a muller. Nesta ocasión, participamos na actividade proposta polo Concello que consistíu na elaboración dun mural conxunto e a realización dunha fotografía para compartir no álbum creado dentro do Facebook Concello de Barreiros.
Ademais participamos no concurso de debuxo desta mesma entidade e nalgunhas clases leron contos relacionados coa temática como:
venres, 20 de novembro de 2020
MAGOSTO
O día do Magosto este curso resultou do máis veraniego. O sol lucíu ao longo da mañá o que fixo máis apetitosa a deliciosa macedonia de froitas que elaboramos co sobrante do reparto de froita no recreo.
Os xogos populares e as cancións sobre a temática encheron a xornada.