venres, 28 de febreiro de 2020

Rosalía de Castro

Para conmemorar o día de Rosalía, xuntámonos no ximnasio para escoitar poemas desta gran autora nas voces de Amancio Prada e as pandereteiras de Baio.
Estamos elaborando un mural conxunto que, en breve, compartiremos con vós.

venres, 21 de febreiro de 2020

Entroido

Tras varias semanas de traballo, por fin podemos desfrutar das nosas creacións, feitas todas reutilizando materiais. Sardiñas, baleas, polbos, redes, buzos, submarinos e incluso o mesmísimo Rainbow Warrior cos seus activistas, inundaron o cole nun día de troula e merenda en familia.











mércores, 19 de febreiro de 2020

5º conversa

Seguimos falando con mariscadoras e mariscadores de Barreiros. Hoxe quedamos con Noelia e con Bashir na Praia da ría. Contáronnos as súas experiencias no mar collendo anémonas, xorrón, ameixas, ourizos, percebes,... Sorprendéunos un dato entristecedor: os vertidos de 3 depuradoras van a parar á Ría de Foz, o que fai que permaneza pechada ao marisqueo gran parte do ano por presenza de contidos fecais. Afortunadamente pode ir a outras zonas da Mariña. Ensináronnos o seu Permex.
Os dous estiveron dacordo en sinalar que era un oficio moi duro pero que se sentían privilexiados por traballar rodeados de natureza.





martes, 18 de febreiro de 2020

Cinema na biblio

Hoxe teremos xornada de cinema xaponés na Biblioteca, organizada pola profe Esmeralda. Vinde a desfrutar desta actividade na que poderedes degustar unas deliciosa palomitas recién feitas.

xoves, 13 de febreiro de 2020

Conversa con Victoria

Hai xente qu chega ao corazón case sen coñecela. Este é o caso de Victoria, que coa súa amabilidade, emotividade e paciencia, conquistounos ao segundo de coñecela.
Non deixedes de ver este vídeo sobre as súas experiencias no mar, pinchando no seguinte enlace:
Conversa con Victoria





venres, 7 de febreiro de 2020

Santo Estevo

Nunca nos cansamos de visitar Santo Estevo, acompañados por Ramón Becerra falándonos das diversas especies e do patrimonio natural, cultural e etnográfico que existen na fraga.
Poñer en valor a contorna e pasar un día ao aire libre son moi importantes na vida escolar.
Nesta paraxe descubrimos cales son as especies árboreas máis importantes de Galicia; as temidas especies invasoras coma os eucaliptos e a súa capacidade natural para propagar incendios; os costumes particulares das xinetas… Ademais das lendas sobre: a Santa Compaña, as fontes que abundan no lugar, ou a pisada do mesmísimo Santiago Apóstolo.





luns, 3 de febreiro de 2020

Canción Primaria

En primaria eleximos una canción reivindicativa de Mago de Oz, baseado nun pequeño proxecto que fixemos fai tres anos: o Prestige.
Representaremola bailando e facendo o retrouso en LSE.

Canción Infantil

A canción de Entroido de Educación Infantil parte da biblioteca a ritmo de Mamá Cabra:

domingo, 2 de febreiro de 2020

Cine

Entre Goyas e Oscars ocurríusenos que a selección semanal será de libros que foron adaptados ao Cinema.