domingo, 8 de decembro de 2019

Nadal maker

A nosa biblio é o espazo favorito dos máis pequenos no recreo da tarde. Por iso, e aproveitando estas datas navideñas, preparamos una serie de manualidades referidas a este tema. A creatividade e as habilidades motrices inundan o Val do Librosaurio entre panxoliñas e bailes.











martes, 3 de decembro de 2019

O día da diversidade

Celebramos o día da diversidade coas actividades propostas polas mestras da unidade específica de educación especial do cole:
  • Un mural colgante feito con bolboretas voadoras: cada un decorou a plantilla proporcionada ao seu gusto e anotando un lema sobre a temática. Deste xeito apreciaron que todas eran diferentes pero estaban voando do mesmo xeito.
  • Visionado de curtas relacionadas coa diversidade.
  • Selección de libros da temática.

Nadal

Nestas datas iniciamos o proceso de colaboración coa Biblioteca Pública Municipal, participando no concurso de Poesía e Debuxo. Educación Infantil está esmerándose en facer unhas creación moi invernais. En primaria, apoiándonos nos fondos de poesía que temos na biblio, estamos escribindo unha fermosas historias. A nosa poetisa favorita, Mar Benegas , está servíndonos de motivación e inspiración.
Ademais comezamos coa preparación do festival de Nadal. Un dos contos elexidos será "A mosca chosca"do que fará unha adaptación teatral o alumnado de 1º a 4º. Outras das actividades serán: panxoliñas, recopilación de cancións tradicionais galegas, cancións en lingua de signos, bailes,...

domingo, 1 de decembro de 2019

domingo, 17 de novembro de 2019

Mar

Esta exposición ubicarase no primeiro andar e estará dispoñoible todo o curso xa que será o banco de recursos para o proxecto MAR NEGRO, MAR BRANCO.

venres, 25 de outubro de 2019

Samaín

Xa temos preparada a nosa selección de contos terroríficamente divertidos.
 

A continuación deixamos un vídeo resumo das actividades levadas a cabo nesta conmemoración:

Casa dos peixes

Este venres fixemos a nosa primeira saída do curso. Está relacionada co proxecto MAR NEGRO, MAR BRANCO, xa que tocou visitar a Casa dos Peixes de A Coruña. É un lugar onde o alumnado sempre disfruta moito e aprende cousas fascinantes do mundo mariño.
Os maiores, en cambio, tiveron o primeiro contacto co Proxecto Cinema en curso. A cita tivo lugar no CGAI-FILMOTECA deGalicia, onde coñecimos aos asesores da actividade e ao alumnado doutros coles que participa neste mesmo programa. Visionamos os primeiros travellings e conversas e, sobre todo, tomamos contacto con moitos termos do Cinema. Levamos as pilas moi cargadas para poder iniciar a actividade.


xoves, 24 de outubro de 2019

martes, 22 de outubro de 2019

Día das Bibliotecas

Fernando Seco Sánchez 5º de Educación Primaria
 
 Desde 1997 o 24 de outubro celébrase o día das bibliotecas. Serve para transmitir á cidadanía a importancia das bibliotecas e para conmemorar a queima da biblioteca de Sarajevo durante a guerra dos Balcáns. Era moi importante; perdéronse multitude de documentos e libros, que como non, contiñan moitísima información. Cada ano elíxense a un escritor e a un ilustrador para que faigan o cartel de inaguración. Este será posto en todas e cada unha das bibliotecas de España. Este ano o pregón leerao Gemma Pasqual e o cartel foi elaborado por Miguel Calatayud. A celebración será en Gandía (Valencia). No CEIP San Cosme, a clase dos maiores faralle actividades relacionadas con 3 contidos que se poden atopar no noso Val do Librosaurio, ao resto da escola: unha poesía de Mar Benegas que fala sobre os refuxiados. Relacionado co teatro e narrativa faremos co Kamishibai: un conto escenificado. E, por último, relacionado coa ciencia e a investigación, faremos un experimento moi interesante.

luns, 30 de setembro de 2019

Contra a violencia de xénero

                                                                                                          FERNANDO SECO SÁNCHEZ
                                                                                                          5ºPRIMARIA
O pasado venres 20 o alumnado de Educación Primaria do CEIP San Cosme foi ata o Concello de Barreiros para celebrar un acto contra a violencia de xénero. O acto foi celebrado despois de coñecer o triple crime de Valga (Pontevedra): un home matou a tiros á súa exparella, á excuñada e á exsogra diante dos fillos.
No acto estaban a alcaldesa, Ana Ermida; e varios concelleiros.
O primeiro que se fixo foi repartir globos morados. Posteriormente a parte do alumnado do colexio que foi ao acto fixo unha actuación acompañada de música. E por último, en vez dun minuto de silencio fixemos un minuto de ruído. Por iso dicimos que este acto contra a violencia de xénero foi un acontecemento diferente.
Ademais, un periodista da Sexta grabounos e saímos nas noticias. Tamén na Voz de Galicia:
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/amarina/viveiro/2019/09/19/concentraciones-contra-violencia-machista-hoy-foz-viveiro-barreiros-ferreira/00031568898860167110552.htm
Aquí mostramos algunhas imaxes do acto na plaza do concello.








mércores, 26 de xuño de 2019

Elixe ben

Durante o ano académico o CEIP San Cosme está participando coa Sociedade Galega do Medio Ambiente (SOGAMA). No primeiro trimestre déronnos unha charla e participamos nun concurso. O noso plan proxecta chámase "Elixe ben". O certamen ten 2 partes: unha consiste en separar os residuos para poder reciclalos e a outra consiste en facer unha obra de arte sobre o medio ambiente.
Para a parte de separar os residuos contamos co equipo ecolóxico, que está formado por 3 alumnos da clase de 4º e 5º e que se encargan de vaciar as papeleiras das clases. Despois depositan eses residuos nuns colectores que nos deu a Sociedade Galega do Medio Ambiente. Cando estes están cheos, depositamos o lixo nos municipales. Ademais, o equipo ecolóxico realiza outras tarefas como apagar as luces das aulas cando acabamos as aulas, coidar ao noso coello ou regar as plantas.
Pero, en que colector debemos depositar os residuos?
  • Amarelo. Aquí debemos depositar as latas, envases de plástico e briks; sempre que esteñan limpos.
  • Iglú verde. Os envases vidro corresponden a este colector.
  • Azul. Aquí bótase o papel e o cartón.  
  • Colector de pilas. Aquí deposítanse as pilas usadas que non sexan recargables. Encóntrase en supermercados e establecementos.
  • Punto limpo. Aquí debemos levar máquinas, mobles...
  • Verde. Deposita aquí a fracción resto do lixo.
Para facer unha obra de arte relacionada co medio ambiente decidimos construir unha maqueta do monte de Santo Estevo do Ermo, que está ao lado de San Cosme de Barreiros. Concibimos a nosa obra de arte sobre unha mesa grande. Usamos materiais reutilizados e silicona.
Neste concurso gañamos o 3º premio e déronnos unha tablet. Estamos moi orgullosos porque competimos contra colexios de toda Galicia e somos un centro moi pequeno.
Ademais, nesta escola reutilizamos obxetos cada día para diversas tarefas.
Vámosvos amosar algunhas fotos sobre este concurso e sobre como reutilizamos obxetos.
A charla de SOGAMA:
O monte de Santo Estevo do Ermo:




 A maqueta:



Como reutilizamos a diario os residuos no CEIP San Cosme:

Pintamos os palets e plantamos neles.

O equipo ecolóxico:


Por certo, tamén temos un recolleaugas para aprobeitar a auga da chuvia e usala para regar no horto.