xoves, 26 de marzo de 2020

Tarro de xiz

Mateo e Julia comparten a súa manualidade feita con xices de cores e sal. Moi sinxela e divertida.


Todos a cantar

A nosa compañeira Uxía amenízanos o día coa canción do Entroido. 


Croquetas caseras

A nosa compañeira Tania comparte a súa receita de croquetas caseiras. A ela encántalle!!Animádevos a facelas.














martes, 24 de marzo de 2020

Consellos, actividades e retos chegados dende a aula de P.T.

Boas noites a todos e todas! Dende a aula de P.T., a mestra Susana e máis eu achegámosvos unha serie de ideas, xogos e actividades para facer nestes días de confinamento e non perder o ritmo de aprender xogando e desfrutando en familia. Pensadas para os nenos e nenas que máis o necesitan, pero todos e todas podedes acollervos a elas!

Veñen organizadas por categorías (lectoescritura, atención, memoria, espacio e tempo...) e formuladas de forma sinxela e divertida. A maiores, a mestra Susana engadiu un exemplo de plantilla para que vos fagades unha idea de como podedes organizalas, isto é flexible, xa que hai que ter en conta as necesidades dos pequenos e pequenas e podedes adaptarvos como consideredes. Tamén adxuntou unha plantilla en branco para que podades ter de referencia e facer a vosa propia.

Seguiremos pensando novas actividades e recomendacións nos vindeiros días. Un bico enorme para vós e para as vosas familias e coidádevos moito!

PINCHADE NA IMAXE PARA ACCEDER ÁS ACTIVIDADES


 
 

Chivos chivones

Julia y Mateo comparten este cuento:

 

luns, 23 de marzo de 2020

arco da vella TODO IRÁ BEN

Dende a materia de Educación Artística gustaríame recibir un ARCO DA VELLA feito por vós!
Podemos compartilo por aquí e así darnos ánimos uns ós outros. Que vos parece?
Podedes utilizar diverso material: ceras, plasti, rotuladores, lapis, cartolinas, tela, folios de cores, incluso fotocopias...
Resultado de imagen de arco da vella
Recordade que #todoiráben


Dende música recoméndovos unha canción de "La Oreja de Van Gogh" que foi creada fai uns días. Axudaravos a afinar os oídos! Espero que vos guste, a min encántame.

https://www.youtube.com/watch?v=Zhy0oP8c6Io

Cocorico

Contacontos de Cocorico a cargo da profe Esmeralda

 

Xogos tradicionais


Aquí vos deixo unha actividade para realizar durante esta semana!
A ver se entre todos/as conseguimos xuntar a maior cantidade de xogos tradicionais.

Resultado de imagen de JUEGOS TRADICIONALES

Corre, corre cabaciña

Julia e Mateo comparten o seu contacontos de Corre, corre cabaciña
 
 
 

sábado, 21 de marzo de 2020

Plantamos unha faba

A profe Sara Abal deixa esta actividade para que faga o alumnado de 1º e 2º. Pincha na imaxe para comezar.

https://drive.google.com/file/d/1nSSrwd_QbOrRLe64-riqcU0lteE_Zm9x/view?usp=sharing
 

Galletas caseras

Noa e Ángela comparten a súa receta de galletas:

INGREDIENTES:
- 2 OVOS.
- 2 TAZAS E MEDIA DE FARIÑA.
- 1 MEDIDA DE CULLER DE AROMA DE VAINILLA
- 1 PIZCA DE LEVADURA QUÍMICA
- 100 GRAMOS DE MANTEIGA
- 1 TAZA DE AZUCRE

PREPARACIÓN:

1º Mestura o azucre e a manteiga.
2º Engade os ovos e a vainilla removendo constantemente para facer una masa uniforme.
3º Aparte tamiza a fariña coa levadura. Unha vez feito, vai integrando a fariña coa masa.
4º Forma una bola, tapa con film e deixa na nevera durante 30 minutos.
5º Esparce fariña na superficie onde vas traballar. Dalle forma ás túas galletas e vai prequentando o forno a 180º
6º Fornéalas durante 15 minutos sobre unha bandexa cuberta de papel vexetal.
7º Déixalas arrefriar para que endurezan un chisco.



Caseta para gatos

Hoxe Natalia e Pablo compartiron con todos a súa manualidade: caseta para gatos.

MATERIAL:
- CAIXA.
- TESOIRAS
- PAPEL DE XORNAL
- COLA
- PINTURA
- CÉSPEDE ARTIFICIAL OU SIMILAR.

En primeiro lugar hai que facer un círculo na parte frontal da caixa, recortalo e introducir o céspede no interior. A continuación, envolvémola con xornais e, axudados dunha brocha, enchémolo todo de cola. Deixamos secar varias horas. Por último, decoramos ao gusto e agardamos a que os gatiños fagan uso!!!






Ximnasia orofacial


luns, 9 de marzo de 2020

Mamás

Xa é unha tradición celebrar no cole o día da muller dun xeito moi especial. Invitamos a varias mamás para que nos conten de primeira man as súas experiencias de vida.
Este ano as afortunadas foron:
Nelly, nai de Brais e adestradora de ximnasia rítmica.
Ángela, nai de Noa e mestra na escola infantil O Bítere de Barreiros.
Mónica, nai de Alicia e enfermeira.
O acto tivo lugar na biblioteca. O alumnado fixo unha selección de preguntas para coñecer algo máis destas mulleres: como son os seus traballos, os problemas de conciliación, os seus soños cando eran nenas, …
Moitas gracias pola vosa amabilidade.