xoves, 23 de abril de 2020

Fuegos artificiales

Intenta realizar esta figura de papiroflexia.


RETO 1

A profe Iria quere que nos manteñamos en forma durante o confinamento, así que vai propoñernos retos semanais divertidos  e saudables. Aquí vai o primeiro.



Don Quijote de la Mancha

Hoy, 23 de abril, es el día del libro. Esta fecha coincide con la de la muerte de un gran escritor español: Miguel de Cervantes Saavedra, por eso, queremos compartir este vídeo de un cuentacuentos sobre Don Quijote de la Mancha.
https://www.youtube.com/watch?v=lG4wuS_uQJ4

xoves, 16 de abril de 2020

Estrella ninja

O origami é unha técnica xaponesa consistente en pregar papel para crear figuras. No seguinte vídeo podedes ver como se fai unha estrela ninja.

xoves, 9 de abril de 2020

Receta saudable


Hoxe apetecíame compartir con vós unha receta que me encanta.
Son minipizzas de calabacín. Soa ben verdade? Pois deixovos unhas imaxes paso a paso:

1. Cortamos o calabacín en rodajas e pasámolo pola sartén volta e volta. Logo poñémolo sobre unha fonte para o forno.


 2. Engadimos tomate triturado ou natural.




















3. Poñemos os ingredientes que máis vos gusten, no meu caso fíxen unhas de xamón york e queixo e outras de xamón serrano e queixo.





















4. Engadimos queixo para gratinar e especias ao gusto.




















5. Metemos ó forno (previamente quente a 180°) aproximadamente 15 minutos e... listas!
























Espero que vos gusten e que vos animedes a probalas porque están boísimas e o mellor de todo é que son saudables. Compartide as vosas!

O grúfalo


martes, 7 de abril de 2020

O carballo con botas-OLLOMAO

Hoxe queremos compartir o conto "O CARBALLO CON BOTAS" de Anxo Moure, contado, desde as súas casas, polas nenas e nenos do colectivo OLLOMAO.
Algúns son coñecidos!!
De paso podedes visitar no Facebook do cole a entrada coa visita de Brais Moure, fillo deste magnífico contador de historias. 
Lembrade que dispoñemos do exemplar deste libro na nosa biblio. Así que, se vos gusta moito, anotádeo para collelo cando volvamos a clase.

luns, 6 de abril de 2020

Resistiré

E aquí temos a Mateo "resistindo" como un campión e acompañando ao seu vecindario no aplauso das 8, adicado a todas aquelas persoas que non poder quedar protexidas nas súas casas e teñen que saír a traballar.

venres, 3 de abril de 2020

Bombardeo saludable

Feliz viernes a todas/as!
Hoxe traigo por aquí un  xogo sobre os hábitos alimenticios.
Aquí vos deixo a pirámide alimenticia para que lle botedes unha ollada antes de comezar, despois pinchade sobre ela e atoparedes o xogo.




Despois anímovos a que me enviedes unha pirámide alimenticia feita por vós ao meu correo: iriacandia@edu.xunta.es
Saúdos

xoves, 2 de abril de 2020

Día mundial de concienciación sobre o autismo

A comunidade do CEIP SAN COSME pretende, a través deste vídeo, explicar a maneira de ver o mundo das persoas con TEA e indicarnos como podemos axudarlles e facer que a súa vida sexa máis plena e sinxela.

Gracias pola vosa colaboración.

mércores, 1 de abril de 2020

Os seres vivos: os animais

Bos días a todos e todas! nesta nova entrada para 1º e 2º vou deixar recursos e material para que Anxo, Antía, Mateo, Juan Diego, Alberto e Ángela podan repasar unha das temáticas que vimos na nosa aula: os animais. Tamén deixo unha web con xogos sobre a mesma. Soamente tedes que pinchar nas imaxes para acceder a eles. Veredes unha carpeta con todo o material. Calquera dúbida que vos xurda non dubidedes en contactar comigo a través do seguinte correo: aeris1822@gmail.com ou ben a través de abalarmóvil.

O material da imaxe "os animais" é descargable, polo que podedes imprimilo para que o fagan mellor. Recordade que estes recursos son unha axuda para sobrelevar esta situación extarordinaria na que nos vemos inmersos e inmersas, así que non vos preocupedes, facede o que poidades e sabede que contades comigo para calquera cousa que precisedes. Un saúdo, moito ánimo e coidádevos moito! 

OS ANIMAIS
 

APRENDEMOS XOGANDO!