mércores, 25 de novembro de 2020

VIOLENCIA DE XÉNERO

Como todos os 25 de novembro no CEIP SAN COSME conmemoramos o día internacional da eliminación da violencia contra a muller. Nesta ocasión, participamos na actividade proposta polo Concello que consistíu na elaboración dun mural conxunto e a realización dunha fotografía para compartir no álbum creado dentro do Facebook Concello de Barreiros.

Ademais participamos no concurso de debuxo desta mesma entidade e nalgunhas clases leron contos relacionados coa temática como: 



















venres, 20 de novembro de 2020

MAGOSTO


 O día do Magosto este curso resultou do máis veraniego. O sol lucíu ao longo da mañá o que fixo máis apetitosa a deliciosa macedonia de froitas que elaboramos co sobrante do reparto de froita no recreo.

Os xogos populares e as cancións sobre a temática encheron a xornada.