domingo, 18 de novembro de 2018

XORNAL INFANTIL

Por fin  fixemos realidade a suscripción ao xornal "O Papagaio". Colocaremos os dous exemplares mensuais na biblioteca para que o alumnado disfrute da súa lectura, esté informado e se entreteña cos xogos e actividades que inclúe.


venres, 2 de novembro de 2018

SAMAÍN 2018

O Samaín é unha festa foi esperada no noso centro. Levamos anos adicando este día a recordar a orixe celta desta celebración. Lembrar neste punto que os celtas foron o eixo de traballo do curso pasado no cole.
Este ano todo comezou coa selección de libros de temática de medo, cabazas, monstros, bruxas,..depositándoos na mesa da entrada a disposición de familias e alumnado.

A seguinte actividade tiña como obxectivo formar contadores de contos. Contar un conto é unha tarefa complexa que require unha análise previa do contido da historia para localizar situacións, personaxes, ambiente...de xeito que a nosa voz poda ir debuxando o texto, captando a atención dos oíntes e logrando o ambiente de maxia necesario nesta situación. Por grupos e turnos o alumnado da aula de 4º e 5º foi contando ao longo da semana: "A bruxa regañadentes", "A bruxa do dente" e "Corre, corre cabaciña" ás aulas de 1º-2º, 3º e EI. Foi moi produtivo e continuaremos ao longo do curso e con diversas temáticas, con esta actividade. 


O venres tivo lugar o fin de festa. Comezamos a xornada cunha sesión de cine:
  • A bruxa regañadentes.
  • Fiz, o coleccionista de medos.
  • Cocorico: gato pelado.
  • Ollobrusco.
A continuación, como en toda boa celebración, chega o momento da comida. Fixemos o tradicional obradoiro de postres terroríficos. Por grupos foron preparando: sandwich-sapo, dedos-salchicha, galletas-araña, man de millo e o prato noite de pánico, para posteriormente degustalos na hora do recreo.
Na última sesión, tocou maquillaxe e baile ao ritmo de Uxía Lambona e a Banda Molona, Mamá Cabra, Brinca Vai, ...
FOI UNHA FESTA TERRORÍFICAMENTE DIVERTIDA



Tardo

Outro estraño cartel apareceu nos corredores e aulas

O TARDO. Mándanos ter moito coidado xa que provoca terribles pesadelos cando entra nas nosas cabezas. Pero despois de levar unha exhaustiva investigación descubrimos que hai un sinxelo truco para espantalo: ao Tardo gústalle moito contar, o que pasa que soamente coñece os números ata o 10. Así que o truco é deixarlle ao lado da cama un prato chen de grans de arroz, millo, ...O ser poñerase a contar e, como non se lle da ben equivocarase e estará moi ocupado na súa tarefa, deixando as nosas mentes tranquilas.

xoves, 18 de outubro de 2018

Lambirón

O alumnado está revolucionado. Hoxe en todas as aulas e nos corredores apareceron uns misteriosos carteis coma este:

 Quen será este maléfico personaxe.

Mochilas viaxeiras

Xa están rodando un ano máis as mochilas viaxeiras. Conteñen revistas, libros en castelán e galego de alumnos, libros de adultos, de consulta, videos e unha libreta para anotar impresións e deixar voar a imaxinación.

Ilusión

Despois de traballar a reo durante estes últimos anos, conseguimos entrar no Plan de mellora de bibliotecas escolares. Grazas a isto podemos facer unha serie de cambios e adquisicións que facilitarán o desenvolvemento do noso Proxecto. Este ano, centramos a temática do cole no coidado da natureza, especialmente nos montes e praias. A través de este medio compartiremos as nosas experiencias e traballos. Agardamos que vos resulte agradable a súa lectura.