Amosando publicacións coa etiqueta DÍA A DÍA. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta DÍA A DÍA. Amosar todas as publicacións

luns, 9 de marzo de 2020

Mamás

Xa é unha tradición celebrar no cole o día da muller dun xeito moi especial. Invitamos a varias mamás para que nos conten de primeira man as súas experiencias de vida.
Este ano as afortunadas foron:
Nelly, nai de Brais e adestradora de ximnasia rítmica.
Ángela, nai de Noa e mestra na escola infantil O Bítere de Barreiros.
Mónica, nai de Alicia e enfermeira.
O acto tivo lugar na biblioteca. O alumnado fixo unha selección de preguntas para coñecer algo máis destas mulleres: como son os seus traballos, os problemas de conciliación, os seus soños cando eran nenas, …
Moitas gracias pola vosa amabilidade.

venres, 7 de febreiro de 2020

Santo Estevo

Nunca nos cansamos de visitar Santo Estevo, acompañados por Ramón Becerra falándonos das diversas especies e do patrimonio natural, cultural e etnográfico que existen na fraga.
Poñer en valor a contorna e pasar un día ao aire libre son moi importantes na vida escolar.
Nesta paraxe descubrimos cales son as especies árboreas máis importantes de Galicia; as temidas especies invasoras coma os eucaliptos e a súa capacidade natural para propagar incendios; os costumes particulares das xinetas… Ademais das lendas sobre: a Santa Compaña, as fontes que abundan no lugar, ou a pisada do mesmísimo Santiago Apóstolo.





martes, 28 de xaneiro de 2020

David Val Peña

2Que elixan ser o que realmente lles faga felices" foi o lema que nos trouxo hoxe David Val Peña, un aventureiro que percorreu o mundo durante 13 meses coa súa bicicleta Quiscolina. Amosounos unha gran experiencia en países tan diferentes como Irán e Estados Unidos, acompañado tan só polo seu sinxelo medio de transporte pero rodeado dun montón de xente que encheu a súa vida enormemente. Unha charla moi interesante que axuda a cambiar a perspectiva. Moitas gracias por compartila co Ceip San Cosme. Agardamos con ansia a segunda parte da viaxe.

domingo, 18 de novembro de 2018

XORNAL INFANTIL

Por fin  fixemos realidade a suscripción ao xornal "O Papagaio". Colocaremos os dous exemplares mensuais na biblioteca para que o alumnado disfrute da súa lectura, esté informado e se entreteña cos xogos e actividades que inclúe.


xoves, 18 de outubro de 2018

Mochilas viaxeiras

Xa están rodando un ano máis as mochilas viaxeiras. Conteñen revistas, libros en castelán e galego de alumnos, libros de adultos, de consulta, videos e unha libreta para anotar impresións e deixar voar a imaxinación.

Ilusión

Despois de traballar a reo durante estes últimos anos, conseguimos entrar no Plan de mellora de bibliotecas escolares. Grazas a isto podemos facer unha serie de cambios e adquisicións que facilitarán o desenvolvemento do noso Proxecto. Este ano, centramos a temática do cole no coidado da natureza, especialmente nos montes e praias. A través de este medio compartiremos as nosas experiencias e traballos. Agardamos que vos resulte agradable a súa lectura.