Amosando publicacións coa etiqueta MAR NEGRO-MAR BRANCO. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta MAR NEGRO-MAR BRANCO. Amosar todas as publicacións

venres, 21 de febreiro de 2020

Entroido

Tras varias semanas de traballo, por fin podemos desfrutar das nosas creacións, feitas todas reutilizando materiais. Sardiñas, baleas, polbos, redes, buzos, submarinos e incluso o mesmísimo Rainbow Warrior cos seus activistas, inundaron o cole nun día de troula e merenda en familia.











xoves, 30 de xaneiro de 2020

Día da paz

Este ano, no día da Paz, quixemos facer unha pequena homenaxe a unha persoa que loitou e deixou un gran legado con respecto ao coidado do noso medio: Félix Rodríguez de la Fuente.
O cole púxose a investigar a este increíble naturista que adicou gran parte da súa vida a dar a coñecer a riqueza natural do noso planeta. Un dos medios empregados para facer pedagoxía ecolóxica foi o seu famoso programa de televisión: El hombre y la tierra. No día da posta en común das investigación visionamos un dos seus capítulos.









domingo, 17 de novembro de 2019

Mar

Esta exposición ubicarase no primeiro andar e estará dispoñoible todo o curso xa que será o banco de recursos para o proxecto MAR NEGRO, MAR BRANCO.

venres, 25 de outubro de 2019

Casa dos peixes

Este venres fixemos a nosa primeira saída do curso. Está relacionada co proxecto MAR NEGRO, MAR BRANCO, xa que tocou visitar a Casa dos Peixes de A Coruña. É un lugar onde o alumnado sempre disfruta moito e aprende cousas fascinantes do mundo mariño.
Os maiores, en cambio, tiveron o primeiro contacto co Proxecto Cinema en curso. A cita tivo lugar no CGAI-FILMOTECA deGalicia, onde coñecimos aos asesores da actividade e ao alumnado doutros coles que participa neste mesmo programa. Visionamos os primeiros travellings e conversas e, sobre todo, tomamos contacto con moitos termos do Cinema. Levamos as pilas moi cargadas para poder iniciar a actividade.