mércores, 22 de maio de 2019
mércores, 15 de maio de 2019
martes, 30 de abril de 2019
venres, 1 de febreiro de 2019
DÍA DA PAZ
Este ano quixemos seguir a mesma liña doutros cursos para conmemorar o DÍA DA PAZ.
Desde a biblioteca propúxose o estudo dun personaxe célebre neste campo. Tendo en conta que o eixo central do 2018-2019 é o coidado dos montes e da natureza en xeral, pareceunos moi axeitado adicar o día a Wangari Maathai. Educación Infantil preparou unha presentación sobre o seu país de orixe: Kenia. 1º e 2º contounos o libro de : Wangari e as árbores da paz e cantaron OLELÉ, unha canción de Kenia. 3º realizou un repaso da súa biografía desde o nacemento ata o remate dos estudos universitarios. Os maiores crearon unha libro libreoffice impress para explicarnos en que consistíu o movemento CINTURÓN VERDE, falarnos do seu Nobel da paz e ademais cantaron unha canción en inglés sobre a paz.

A continuación podes desfrutar dos traballos feitos polo alumnado:

xoves, 31 de xaneiro de 2019
Elixe ben
O noso centro este curso ten como eixo de traballo o coidado dos montes. Un piar fundamental para levar a cabo unha proteción medioambiental é o correcto tratamento do lixo que xeramos os humanos.
Nesta liña decidimos participar nun programa do Plan Proxecta, baseado na concienciación da importancia da separación do lixo. Leva por título: ELIXE BEN.
Unha das primeiras actividades foi unha charla por parte dunha experta que a continuación nos vai explicar Fernando, un alumno de 4º de primaria a través do seguinte artigo:
Esperemos que non sexa moi difícil concursar contra outros centros.
Agora tócavos separar para reciclar. Non esquezades a regra dos 3R, que son os seguintes: reducir, reciclar e reutilizar.
Nesta liña decidimos participar nun programa do Plan Proxecta, baseado na concienciación da importancia da separación do lixo. Leva por título: ELIXE BEN.
Unha das primeiras actividades foi unha charla por parte dunha experta que a continuación nos vai explicar Fernando, un alumno de 4º de primaria a través do seguinte artigo:
O martes 15 de xaneiro, Mayra unha colaboradora de SOGAMA (Sociedade Galega do Medio Ambiente) deunos unha explicación sobre a reciclaxe.
Aprendemos unha morea de cousas: sobre todo como separar os residuos. Ensinounos, por exemplo, que o contedor amarelo non so é para os plásticos. Esta é a mellor maneira de reciclar:
- COLECTOR VERDE CLARO: Neste colector debemos depositar os envases de vidro, sempre e cando estes esteñan limpos. Por exemplo: unha botella de vidro que levara zume e que se acabara. Recordade: para depositar residuo algún neste colector ten que estar limpo.
- COLECTOR AZUL: Aquí depositaremos o papel e o cartón. Referímonos a folios, non a panos de soar os mocos.
- MINICOLECTOR DE PILAS: Neste contedor depositaremos as pilas cando se esgoten. Podemos encontralos nos establecementos e nas tendas.
- COLECTOR DE ENVASES LIXEIROS(amarelo): Neste lugar debemos depositar latas, brics e envases de plástico.
- MATERIA ORGÁNICA: Referímonos a un composteiro para depositar os residuos orgánicos.
- RESIDUOS ESPECIAIS: É un punto limpo . Aquí deposítanse os residuos perigosos, voluminosos...
- FRACCIÓN RESTO(verde): Aquí depositarase todos os residuos que non poidan ir nos lugares anteriores. Cando cheguen á planta de SOGAMA queimaranse para producir enerxía.
Esperemos que non sexa moi difícil concursar contra outros centros.
Agora tócavos separar para reciclar. Non esquezades a regra dos 3R, que son os seguintes: reducir, reciclar e reutilizar.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)










