mércores, 26 de xuño de 2019

Elixe ben

Durante o ano académico o CEIP San Cosme está participando coa Sociedade Galega do Medio Ambiente (SOGAMA). No primeiro trimestre déronnos unha charla e participamos nun concurso. O noso plan proxecta chámase "Elixe ben". O certamen ten 2 partes: unha consiste en separar os residuos para poder reciclalos e a outra consiste en facer unha obra de arte sobre o medio ambiente.
Para a parte de separar os residuos contamos co equipo ecolóxico, que está formado por 3 alumnos da clase de 4º e 5º e que se encargan de vaciar as papeleiras das clases. Despois depositan eses residuos nuns colectores que nos deu a Sociedade Galega do Medio Ambiente. Cando estes están cheos, depositamos o lixo nos municipales. Ademais, o equipo ecolóxico realiza outras tarefas como apagar as luces das aulas cando acabamos as aulas, coidar ao noso coello ou regar as plantas.
Pero, en que colector debemos depositar os residuos?
  • Amarelo. Aquí debemos depositar as latas, envases de plástico e briks; sempre que esteñan limpos.
  • Iglú verde. Os envases vidro corresponden a este colector.
  • Azul. Aquí bótase o papel e o cartón.  
  • Colector de pilas. Aquí deposítanse as pilas usadas que non sexan recargables. Encóntrase en supermercados e establecementos.
  • Punto limpo. Aquí debemos levar máquinas, mobles...
  • Verde. Deposita aquí a fracción resto do lixo.
Para facer unha obra de arte relacionada co medio ambiente decidimos construir unha maqueta do monte de Santo Estevo do Ermo, que está ao lado de San Cosme de Barreiros. Concibimos a nosa obra de arte sobre unha mesa grande. Usamos materiais reutilizados e silicona.
Neste concurso gañamos o 3º premio e déronnos unha tablet. Estamos moi orgullosos porque competimos contra colexios de toda Galicia e somos un centro moi pequeno.
Ademais, nesta escola reutilizamos obxetos cada día para diversas tarefas.
Vámosvos amosar algunhas fotos sobre este concurso e sobre como reutilizamos obxetos.
A charla de SOGAMA:
O monte de Santo Estevo do Ermo:




 A maqueta:



Como reutilizamos a diario os residuos no CEIP San Cosme:

Pintamos os palets e plantamos neles.

O equipo ecolóxico:


Por certo, tamén temos un recolleaugas para aprobeitar a auga da chuvia e usala para regar no horto.

martes, 18 de xuño de 2019

Actividades de repaso inglés verán

Ola a todos e todas! A continuación atoparedes unha serie de actividades online e para imprimir para repasar o inglés durante o verán. 1º Primaria Exercicios de gramática para imprimir Actividades para imprimir todos os niveis de Primaria Esta páxina tamén ten enlaces a actividades online a continuación do cadro con exercicios de gramática imprimibles. Exercicios online a partir de 4º de Primaria: Actividades online 5º Primaria https://elbazardeprimaria.blogspot.com/2015/11/english-5.html

xoves, 23 de maio de 2019

Eduard Punset

Hoxe gustaríanos rendir homenaxe a Eduard Punset. Naceu en Barcelona, o día 20 de novembro de 1936 e finou o 22 de maio de 2019. Era economista, avogado, político, profesor, escritor e presentador de televisión. Pensaba moito sobre as emocións e analizaba os pensamentos dos demais. É licenciado en Dereito pola Universidade Complutense de Madrid e ten un máster en Ciencias Económicas pola Universidade de Londres. Tamén foi redactor económico da BBC , director económico para a prensa e economista do Fondo Monetario Internacional. Ao ser experto en novas tecnoloxías, traballou como asesor de COTEC, Profesor Conselleiro de Marketing Internacional na Escola Superior de Administración e Dirección de Empresas (ESADE), presidente de Bull...

Escribiu un montón de obras literarias, como A viaxe ao amor, Como sobrevivir no século XXI... Estes libros eran para adultos, por iso na biblio non temos ningún. Ten 2 fillas, Carolina e Elsa, que herdaron a súa capacidade e escriben libros para nenos (un deles na biblioteca do noso cole e outro prestouno un alumno).
Eduard Punset tiña un programa de TV en La 2 de RTVE, chamado Redes. Este programa fixo que gañase o Premio Espacio máis interesante no ano 2010. Pero gañou en total gañou máis de 10 galardóns.
Ten o seu propio blogue en Internet:  https://www.eduadpunset.es/blog/

Unha das frases súas que máis nos gusta é: o importante e saber que hai vida antes da morte. Representa claramente a incensante busca da felicidade pola súa parte.