mércores, 22 de xaneiro de 2020

Conversa con MªLuisa

Retrato, travelling, plano do mundo, conversa...son termos do cinema que imos incorporando ao noso vocabulario. Hoxe compartimos o primeiro retrato realizado á nosa cociñeira favorita María Luisa á que lle agradecemos a súa colaboración. Tamén queremos amosar o noso agradecemento a María Antonia de Casa Lanza, por ser a segunda protagonista, e a Iván Labrada Lanza que, coa súa paciencia, fixo posible a filmación.
Agardamos que vos guste a nosa creación.
1º conversa

mércores, 8 de xaneiro de 2020

BIOGRAFÍAS

Co inicio do ano comezan tamén as diversas conmemoracións das que presentamos a continuación as súas biografías.

domingo, 8 de decembro de 2019

Nadal maker

A nosa biblio é o espazo favorito dos máis pequenos no recreo da tarde. Por iso, e aproveitando estas datas navideñas, preparamos una serie de manualidades referidas a este tema. A creatividade e as habilidades motrices inundan o Val do Librosaurio entre panxoliñas e bailes.











martes, 3 de decembro de 2019

O día da diversidade

Celebramos o día da diversidade coas actividades propostas polas mestras da unidade específica de educación especial do cole:
  • Un mural colgante feito con bolboretas voadoras: cada un decorou a plantilla proporcionada ao seu gusto e anotando un lema sobre a temática. Deste xeito apreciaron que todas eran diferentes pero estaban voando do mesmo xeito.
  • Visionado de curtas relacionadas coa diversidade.
  • Selección de libros da temática.

Nadal

Nestas datas iniciamos o proceso de colaboración coa Biblioteca Pública Municipal, participando no concurso de Poesía e Debuxo. Educación Infantil está esmerándose en facer unhas creación moi invernais. En primaria, apoiándonos nos fondos de poesía que temos na biblio, estamos escribindo unha fermosas historias. A nosa poetisa favorita, Mar Benegas , está servíndonos de motivación e inspiración.
Ademais comezamos coa preparación do festival de Nadal. Un dos contos elexidos será "A mosca chosca"do que fará unha adaptación teatral o alumnado de 1º a 4º. Outras das actividades serán: panxoliñas, recopilación de cancións tradicionais galegas, cancións en lingua de signos, bailes,...

domingo, 1 de decembro de 2019

Cociña

Co Nadal ás portas que mellor tema que a cociña para ir practicando de cara ás festas.