martes, 18 de xuño de 2019
Actividades de repaso inglés verán
Ola a todos e todas!
A continuación atoparedes unha serie de actividades online e para imprimir para repasar o inglés durante o verán.
1º Primaria
Exercicios de gramática para imprimir
Actividades para imprimir todos os niveis de Primaria
Esta páxina tamén ten enlaces a actividades online a continuación do cadro con exercicios de gramática imprimibles.
Exercicios online a partir de 4º de Primaria:
Actividades online
5º Primaria
https://elbazardeprimaria.blogspot.com/2015/11/english-5.html
mércores, 5 de xuño de 2019
xoves, 23 de maio de 2019
Eduard Punset
Hoxe gustaríanos rendir homenaxe a Eduard Punset. Naceu en Barcelona, o día 20 de novembro de 1936 e finou o 22 de maio de 2019. Era economista, avogado, político, profesor, escritor e presentador de televisión. Pensaba moito sobre as emocións e analizaba os pensamentos dos demais. É licenciado en Dereito pola Universidade Complutense de Madrid e ten un máster en Ciencias Económicas pola Universidade de Londres. Tamén foi redactor económico da BBC , director económico para a prensa e economista do Fondo Monetario Internacional. Ao ser experto en novas tecnoloxías, traballou como asesor de COTEC, Profesor Conselleiro de Marketing Internacional na Escola Superior de Administración e Dirección de Empresas (ESADE), presidente de Bull...
Escribiu un montón de obras literarias, como A viaxe ao amor, Como sobrevivir no século XXI... Estes libros eran para adultos, por iso na biblio non temos ningún. Ten 2 fillas, Carolina e Elsa, que herdaron a súa capacidade e escriben libros para nenos (un deles na biblioteca do noso cole e outro prestouno un alumno).
Eduard Punset tiña un programa de TV en La 2 de RTVE, chamado Redes. Este programa fixo que gañase o Premio Espacio máis interesante no ano 2010. Pero gañou en total gañou máis de 10 galardóns.
Ten o seu propio blogue en Internet: https://www.eduadpunset.es/blog/
Unha das frases súas que máis nos gusta é: o importante e saber que hai vida antes da morte. Representa claramente a incensante busca da felicidade pola súa parte.
mércores, 22 de maio de 2019
mércores, 15 de maio de 2019
martes, 30 de abril de 2019
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)