luns, 9 de marzo de 2020

Mamás

Xa é unha tradición celebrar no cole o día da muller dun xeito moi especial. Invitamos a varias mamás para que nos conten de primeira man as súas experiencias de vida.
Este ano as afortunadas foron:
Nelly, nai de Brais e adestradora de ximnasia rítmica.
Ángela, nai de Noa e mestra na escola infantil O Bítere de Barreiros.
Mónica, nai de Alicia e enfermeira.
O acto tivo lugar na biblioteca. O alumnado fixo unha selección de preguntas para coñecer algo máis destas mulleres: como son os seus traballos, os problemas de conciliación, os seus soños cando eran nenas, …
Moitas gracias pola vosa amabilidade.

venres, 28 de febreiro de 2020

Rosalía de Castro

Para conmemorar o día de Rosalía, xuntámonos no ximnasio para escoitar poemas desta gran autora nas voces de Amancio Prada e as pandereteiras de Baio.
Estamos elaborando un mural conxunto que, en breve, compartiremos con vós.

venres, 21 de febreiro de 2020

Entroido

Tras varias semanas de traballo, por fin podemos desfrutar das nosas creacións, feitas todas reutilizando materiais. Sardiñas, baleas, polbos, redes, buzos, submarinos e incluso o mesmísimo Rainbow Warrior cos seus activistas, inundaron o cole nun día de troula e merenda en familia.











mércores, 19 de febreiro de 2020

5º conversa

Seguimos falando con mariscadoras e mariscadores de Barreiros. Hoxe quedamos con Noelia e con Bashir na Praia da ría. Contáronnos as súas experiencias no mar collendo anémonas, xorrón, ameixas, ourizos, percebes,... Sorprendéunos un dato entristecedor: os vertidos de 3 depuradoras van a parar á Ría de Foz, o que fai que permaneza pechada ao marisqueo gran parte do ano por presenza de contidos fecais. Afortunadamente pode ir a outras zonas da Mariña. Ensináronnos o seu Permex.
Os dous estiveron dacordo en sinalar que era un oficio moi duro pero que se sentían privilexiados por traballar rodeados de natureza.





martes, 18 de febreiro de 2020

Cinema na biblio

Hoxe teremos xornada de cinema xaponés na Biblioteca, organizada pola profe Esmeralda. Vinde a desfrutar desta actividade na que poderedes degustar unas deliciosa palomitas recién feitas.

xoves, 13 de febreiro de 2020

Conversa con Victoria

Hai xente qu chega ao corazón case sen coñecela. Este é o caso de Victoria, que coa súa amabilidade, emotividade e paciencia, conquistounos ao segundo de coñecela.
Non deixedes de ver este vídeo sobre as súas experiencias no mar, pinchando no seguinte enlace:
Conversa con Victoria