martes, 28 de setembro de 2021

NOVIDADES SEMANAIS

Iniciamos un novo curso cheo de ilusión e, sobre todo, moita ARTE!! O novo proxecto leva por título: NATUREZA CON ARTE e axudaranos a prender moito sobre correntes artísticas, museos, lugares máxicos,... De momento imos deixar as novidades que adquirimos esta semana.

mércores, 25 de novembro de 2020

VIOLENCIA DE XÉNERO

Como todos os 25 de novembro no CEIP SAN COSME conmemoramos o día internacional da eliminación da violencia contra a muller. Nesta ocasión, participamos na actividade proposta polo Concello que consistíu na elaboración dun mural conxunto e a realización dunha fotografía para compartir no álbum creado dentro do Facebook Concello de Barreiros.

Ademais participamos no concurso de debuxo desta mesma entidade e nalgunhas clases leron contos relacionados coa temática como: 



















venres, 20 de novembro de 2020

MAGOSTO


 O día do Magosto este curso resultou do máis veraniego. O sol lucíu ao longo da mañá o que fixo máis apetitosa a deliciosa macedonia de froitas que elaboramos co sobrante do reparto de froita no recreo.

Os xogos populares e as cancións sobre a temática encheron a xornada.