venres, 2 de novembro de 2018

SAMAÍN 2018

O Samaín é unha festa foi esperada no noso centro. Levamos anos adicando este día a recordar a orixe celta desta celebración. Lembrar neste punto que os celtas foron o eixo de traballo do curso pasado no cole.
Este ano todo comezou coa selección de libros de temática de medo, cabazas, monstros, bruxas,..depositándoos na mesa da entrada a disposición de familias e alumnado.

A seguinte actividade tiña como obxectivo formar contadores de contos. Contar un conto é unha tarefa complexa que require unha análise previa do contido da historia para localizar situacións, personaxes, ambiente...de xeito que a nosa voz poda ir debuxando o texto, captando a atención dos oíntes e logrando o ambiente de maxia necesario nesta situación. Por grupos e turnos o alumnado da aula de 4º e 5º foi contando ao longo da semana: "A bruxa regañadentes", "A bruxa do dente" e "Corre, corre cabaciña" ás aulas de 1º-2º, 3º e EI. Foi moi produtivo e continuaremos ao longo do curso e con diversas temáticas, con esta actividade. 


O venres tivo lugar o fin de festa. Comezamos a xornada cunha sesión de cine:
  • A bruxa regañadentes.
  • Fiz, o coleccionista de medos.
  • Cocorico: gato pelado.
  • Ollobrusco.
A continuación, como en toda boa celebración, chega o momento da comida. Fixemos o tradicional obradoiro de postres terroríficos. Por grupos foron preparando: sandwich-sapo, dedos-salchicha, galletas-araña, man de millo e o prato noite de pánico, para posteriormente degustalos na hora do recreo.
Na última sesión, tocou maquillaxe e baile ao ritmo de Uxía Lambona e a Banda Molona, Mamá Cabra, Brinca Vai, ...
FOI UNHA FESTA TERRORÍFICAMENTE DIVERTIDA



Ningún comentario:

Publicar un comentario