luns, 6 de abril de 2020

Resistiré

E aquí temos a Mateo "resistindo" como un campión e acompañando ao seu vecindario no aplauso das 8, adicado a todas aquelas persoas que non poder quedar protexidas nas súas casas e teñen que saír a traballar.

venres, 3 de abril de 2020

Bombardeo saludable

Feliz viernes a todas/as!
Hoxe traigo por aquí un  xogo sobre os hábitos alimenticios.
Aquí vos deixo a pirámide alimenticia para que lle botedes unha ollada antes de comezar, despois pinchade sobre ela e atoparedes o xogo.




Despois anímovos a que me enviedes unha pirámide alimenticia feita por vós ao meu correo: iriacandia@edu.xunta.es
Saúdos

xoves, 2 de abril de 2020

Día mundial de concienciación sobre o autismo

A comunidade do CEIP SAN COSME pretende, a través deste vídeo, explicar a maneira de ver o mundo das persoas con TEA e indicarnos como podemos axudarlles e facer que a súa vida sexa máis plena e sinxela.

Gracias pola vosa colaboración.

mércores, 1 de abril de 2020

Os seres vivos: os animais

Bos días a todos e todas! nesta nova entrada para 1º e 2º vou deixar recursos e material para que Anxo, Antía, Mateo, Juan Diego, Alberto e Ángela podan repasar unha das temáticas que vimos na nosa aula: os animais. Tamén deixo unha web con xogos sobre a mesma. Soamente tedes que pinchar nas imaxes para acceder a eles. Veredes unha carpeta con todo o material. Calquera dúbida que vos xurda non dubidedes en contactar comigo a través do seguinte correo: aeris1822@gmail.com ou ben a través de abalarmóvil.

O material da imaxe "os animais" é descargable, polo que podedes imprimilo para que o fagan mellor. Recordade que estes recursos son unha axuda para sobrelevar esta situación extarordinaria na que nos vemos inmersos e inmersas, así que non vos preocupedes, facede o que poidades e sabede que contades comigo para calquera cousa que precisedes. Un saúdo, moito ánimo e coidádevos moito! 

OS ANIMAIS
 

APRENDEMOS XOGANDO!