mércores, 1 de abril de 2020

Os seres vivos: os animais

Bos días a todos e todas! nesta nova entrada para 1º e 2º vou deixar recursos e material para que Anxo, Antía, Mateo, Juan Diego, Alberto e Ángela podan repasar unha das temáticas que vimos na nosa aula: os animais. Tamén deixo unha web con xogos sobre a mesma. Soamente tedes que pinchar nas imaxes para acceder a eles. Veredes unha carpeta con todo o material. Calquera dúbida que vos xurda non dubidedes en contactar comigo a través do seguinte correo: aeris1822@gmail.com ou ben a través de abalarmóvil.

O material da imaxe "os animais" é descargable, polo que podedes imprimilo para que o fagan mellor. Recordade que estes recursos son unha axuda para sobrelevar esta situación extarordinaria na que nos vemos inmersos e inmersas, así que non vos preocupedes, facede o que poidades e sabede que contades comigo para calquera cousa que precisedes. Un saúdo, moito ánimo e coidádevos moito! 

OS ANIMAIS
 

APRENDEMOS XOGANDO!

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario