venres, 1 de febreiro de 2019

DÍA DA PAZ

Este ano quixemos seguir a mesma liña doutros cursos para conmemorar o DÍA DA PAZ.
Desde a biblioteca propúxose o estudo dun personaxe célebre neste campo. Tendo en conta que o eixo central do 2018-2019 é o coidado dos montes e da natureza en xeral, pareceunos moi axeitado adicar o día a Wangari Maathai. Educación Infantil preparou unha presentación sobre o seu país de orixe: Kenia. 1º e 2º contounos o libro de : Wangari e as árbores da paz e cantaron OLELÉ, unha canción de Kenia. 3º realizou un repaso da súa biografía desde o nacemento ata o remate dos estudos universitarios. Os maiores crearon unha libro libreoffice impress para explicarnos en que consistíu o movemento CINTURÓN VERDE, falarnos do seu Nobel da paz e ademais cantaron unha canción en inglés sobre a paz.
A continuación podes desfrutar dos traballos feitos polo alumnado:




















xoves, 31 de xaneiro de 2019

Elixe ben

O noso centro este curso ten como eixo de traballo o coidado dos montes. Un piar fundamental para levar a cabo unha proteción medioambiental é o correcto tratamento do lixo que xeramos os humanos.
Nesta liña decidimos participar nun programa do Plan Proxecta, baseado na concienciación da importancia da separación do lixo. Leva por título: ELIXE BEN.
Unha das primeiras actividades foi unha charla por parte dunha experta que a continuación nos vai explicar Fernando, un alumno de 4º de primaria a través do seguinte artigo:

O martes 15 de xaneiro, Mayra unha colaboradora de SOGAMA (Sociedade Galega do Medio Ambiente) deunos unha explicación sobre a reciclaxe.
Aprendemos unha morea de cousas: sobre todo como separar os residuos. Ensinounos, por exemplo, que o contedor amarelo non so é para os plásticos. Esta é a mellor maneira de reciclar:
  • COLECTOR VERDE CLARO: Neste colector debemos depositar os envases de vidro, sempre e cando estes esteñan limpos. Por exemplo: unha botella de vidro que levara zume e que se acabara. Recordade: para depositar residuo algún neste colector ten que estar limpo.
  • COLECTOR AZUL: Aquí depositaremos o papel e o cartón. Referímonos a folios, non a panos de soar os mocos.
  • MINICOLECTOR DE PILAS: Neste contedor depositaremos as pilas cando se esgoten. Podemos encontralos nos establecementos e nas tendas.
  • COLECTOR DE ENVASES LIXEIROS(amarelo): Neste lugar debemos depositar latas, brics e envases de plástico.
  • MATERIA ORGÁNICA: Referímonos a un composteiro para depositar os residuos orgánicos.
  •  RESIDUOS ESPECIAIS: É un punto limpo . Aquí deposítanse os residuos perigosos, voluminosos...
  • FRACCIÓN RESTO(verde): Aquí depositarase todos os residuos que non poidan ir nos lugares anteriores. Cando cheguen á planta de SOGAMA queimaranse para producir enerxía.
Estamos participando no proxecto "Recíclate con SOGAMA". Para gañar este concurso debemos separar os residuos o mellor posible. Dentro duns meses Mayra virá e tomará unha mostra dos residuos de cada colector.
Esperemos que non sexa moi difícil concursar contra outros centros.
Agora tócavos separar para reciclar. Non esquezades a regra dos 3R, que son os seguintes: reducir, reciclar e reutilizar.

domingo, 18 de novembro de 2018

XORNAL INFANTIL

Por fin  fixemos realidade a suscripción ao xornal "O Papagaio". Colocaremos os dous exemplares mensuais na biblioteca para que o alumnado disfrute da súa lectura, esté informado e se entreteña cos xogos e actividades que inclúe.


venres, 2 de novembro de 2018

SAMAÍN 2018

O Samaín é unha festa foi esperada no noso centro. Levamos anos adicando este día a recordar a orixe celta desta celebración. Lembrar neste punto que os celtas foron o eixo de traballo do curso pasado no cole.
Este ano todo comezou coa selección de libros de temática de medo, cabazas, monstros, bruxas,..depositándoos na mesa da entrada a disposición de familias e alumnado.

A seguinte actividade tiña como obxectivo formar contadores de contos. Contar un conto é unha tarefa complexa que require unha análise previa do contido da historia para localizar situacións, personaxes, ambiente...de xeito que a nosa voz poda ir debuxando o texto, captando a atención dos oíntes e logrando o ambiente de maxia necesario nesta situación. Por grupos e turnos o alumnado da aula de 4º e 5º foi contando ao longo da semana: "A bruxa regañadentes", "A bruxa do dente" e "Corre, corre cabaciña" ás aulas de 1º-2º, 3º e EI. Foi moi produtivo e continuaremos ao longo do curso e con diversas temáticas, con esta actividade. 


O venres tivo lugar o fin de festa. Comezamos a xornada cunha sesión de cine:
  • A bruxa regañadentes.
  • Fiz, o coleccionista de medos.
  • Cocorico: gato pelado.
  • Ollobrusco.
A continuación, como en toda boa celebración, chega o momento da comida. Fixemos o tradicional obradoiro de postres terroríficos. Por grupos foron preparando: sandwich-sapo, dedos-salchicha, galletas-araña, man de millo e o prato noite de pánico, para posteriormente degustalos na hora do recreo.
Na última sesión, tocou maquillaxe e baile ao ritmo de Uxía Lambona e a Banda Molona, Mamá Cabra, Brinca Vai, ...
FOI UNHA FESTA TERRORÍFICAMENTE DIVERTIDA



Tardo

Outro estraño cartel apareceu nos corredores e aulas

O TARDO. Mándanos ter moito coidado xa que provoca terribles pesadelos cando entra nas nosas cabezas. Pero despois de levar unha exhaustiva investigación descubrimos que hai un sinxelo truco para espantalo: ao Tardo gústalle moito contar, o que pasa que soamente coñece os números ata o 10. Así que o truco é deixarlle ao lado da cama un prato chen de grans de arroz, millo, ...O ser poñerase a contar e, como non se lle da ben equivocarase e estará moi ocupado na súa tarefa, deixando as nosas mentes tranquilas.

xoves, 18 de outubro de 2018

Lambirón

O alumnado está revolucionado. Hoxe en todas as aulas e nos corredores apareceron uns misteriosos carteis coma este:

 Quen será este maléfico personaxe.

Mochilas viaxeiras

Xa están rodando un ano máis as mochilas viaxeiras. Conteñen revistas, libros en castelán e galego de alumnos, libros de adultos, de consulta, videos e unha libreta para anotar impresións e deixar voar a imaxinación.