xoves, 9 de abril de 2020

Receta saudable


Hoxe apetecíame compartir con vós unha receta que me encanta.
Son minipizzas de calabacín. Soa ben verdade? Pois deixovos unhas imaxes paso a paso:

1. Cortamos o calabacín en rodajas e pasámolo pola sartén volta e volta. Logo poñémolo sobre unha fonte para o forno.


 2. Engadimos tomate triturado ou natural.




















3. Poñemos os ingredientes que máis vos gusten, no meu caso fíxen unhas de xamón york e queixo e outras de xamón serrano e queixo.





















4. Engadimos queixo para gratinar e especias ao gusto.




















5. Metemos ó forno (previamente quente a 180°) aproximadamente 15 minutos e... listas!
























Espero que vos gusten e que vos animedes a probalas porque están boísimas e o mellor de todo é que son saudables. Compartide as vosas!

Ningún comentario:

Publicar un comentario