sábado, 21 de marzo de 2020

Galletas caseras

Noa e Ángela comparten a súa receta de galletas:

INGREDIENTES:
- 2 OVOS.
- 2 TAZAS E MEDIA DE FARIÑA.
- 1 MEDIDA DE CULLER DE AROMA DE VAINILLA
- 1 PIZCA DE LEVADURA QUÍMICA
- 100 GRAMOS DE MANTEIGA
- 1 TAZA DE AZUCRE

PREPARACIÓN:

1º Mestura o azucre e a manteiga.
2º Engade os ovos e a vainilla removendo constantemente para facer una masa uniforme.
3º Aparte tamiza a fariña coa levadura. Unha vez feito, vai integrando a fariña coa masa.
4º Forma una bola, tapa con film e deixa na nevera durante 30 minutos.
5º Esparce fariña na superficie onde vas traballar. Dalle forma ás túas galletas e vai prequentando o forno a 180º
6º Fornéalas durante 15 minutos sobre unha bandexa cuberta de papel vexetal.
7º Déixalas arrefriar para que endurezan un chisco.



Ningún comentario:

Publicar un comentario