sábado, 21 de marzo de 2020

Caseta para gatos

Hoxe Natalia e Pablo compartiron con todos a súa manualidade: caseta para gatos.

MATERIAL:
- CAIXA.
- TESOIRAS
- PAPEL DE XORNAL
- COLA
- PINTURA
- CÉSPEDE ARTIFICIAL OU SIMILAR.

En primeiro lugar hai que facer un círculo na parte frontal da caixa, recortalo e introducir o céspede no interior. A continuación, envolvémola con xornais e, axudados dunha brocha, enchémolo todo de cola. Deixamos secar varias horas. Por último, decoramos ao gusto e agardamos a que os gatiños fagan uso!!!






Ningún comentario:

Publicar un comentario