martes, 24 de marzo de 2020

Consellos, actividades e retos chegados dende a aula de P.T.

Boas noites a todos e todas! Dende a aula de P.T., a mestra Susana e máis eu achegámosvos unha serie de ideas, xogos e actividades para facer nestes días de confinamento e non perder o ritmo de aprender xogando e desfrutando en familia. Pensadas para os nenos e nenas que máis o necesitan, pero todos e todas podedes acollervos a elas!

Veñen organizadas por categorías (lectoescritura, atención, memoria, espacio e tempo...) e formuladas de forma sinxela e divertida. A maiores, a mestra Susana engadiu un exemplo de plantilla para que vos fagades unha idea de como podedes organizalas, isto é flexible, xa que hai que ter en conta as necesidades dos pequenos e pequenas e podedes adaptarvos como consideredes. Tamén adxuntou unha plantilla en branco para que podades ter de referencia e facer a vosa propia.

Seguiremos pensando novas actividades e recomendacións nos vindeiros días. Un bico enorme para vós e para as vosas familias e coidádevos moito!

PINCHADE NA IMAXE PARA ACCEDER ÁS ACTIVIDADES


 
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario